idioma:
inicio o tempo contacto visita
virtual
webcam séguenos en:

UN BALNEARIO NATURAL

As praias da Lanzada, Raeiros e Area da Cruz, entre outras, ofrécenche a posibilidade de internarte no descoñecido mundo das algas.

Somérxete nelas e aproveita os seus beneficios. As algas destas costas absorben os mellores elementos do océano para mimar a túa pel. Son capaces de concentrar os minerais, vitaminas, oligoelementos e proteínas disoltas na auga do mar. Conteñen gran cantidade de sales minerais e son ricas en iodo, ferro, cobalto, magnesio, calcio, fósforo e potasio. Son útiles para o tratamento de catarros, trastornos estomacais, úlceras, curas de rexuvenecemento da pel, contra a obesidade e a celulite.

algas verdes

ver +

Serven como hidratantes, relaxantes, antiestrés e utilízanse en dietética.

algas pardas

ver +

Contribúen a frear o proceso de avellentamento, son as máis ricas en aminoácidos, vitaminas e minerais, estimulan a tiroide, conteñen oligoelementos,...

algas vermellas

ver +

Son empregadas polos mellores SPA en tratamentos contra estrías, polas súas propiedades reafirmantes e redutoras.

Webcam en directo
2020. Concello do Grove • Oficina de Turismo • Praza do Corgo • T. 986 73 14 15 • oftur@turismogrove.es contactoaviso legal Imaxina. Novas tecnoloxías