Ten lugar a mediados do mes de xullo, o día 16 é o seu 'día grande'. A praza do Corgo convértese no lugar de encontro principal de todas as actividades folclóricas, lúdicas, relixiosas e de culto ao mar e ás súas xentes.
A tarde do 16 os mariñeiros saen en procesión marítima acompañando a imaxe da Virxe do Carme, a quen se lle rende culto, para depositar unha ofrenda floral en memoria daqueles que deixaron a súa vida no mar.