idioma:
inicio o tempo contacto visita
virtual
webcam séguenos en:

ENTROIDO

Febreiro, ademais de ser un dos mellores momentos para saborear marisco, conta tamén cunha das festas máis desexadas do ano: o Entroido.

 

Dende as ceas de comadres e compadres, na semana anterior ao martes de Entroido, ata o Domingo Fareleiro, temos tempo para os disfraces, as orellas e as filloas, a lacoada e outros manxares de inverno.

 

No Entroido do Grove destacan:

- As comparsas: agrupacións que cos seus cantos e postas en escena satirizan os acontecementos do último ano.

- O desfile da tarde do martes: discorre polas principais rúas da vila ata ben chegada a noite.

- O solemne enterro de dona Sardiña: o venres seguinte, no peirao do Corgo.

entroido 1 entroido 2 entroido 3
entroido 4
Webcam en directo
2009. Concello do Grove • Oficina de Turismo • Praza do Corgo • T. 986 73 14 15 • oftur@turismogrove.com contactoaviso legal Imaxina. Novas tecnoloxías