idioma:
inicio o tempo contacto visita
virtual
webcam séguenos en:

SITUACIóN

O Grove, península situada na entrada da ría de Arousa e que limita ao sureste co municipio de Sanxenxo.

 

Ocupa unha extensión de 21 km2 e está formada por dúas parroquias, San Martiño e San Vicente e unha illa poboada, A Toxa.

 

Como chegar ao Grove

 

Por estrada

Hai dúas grandes vías para chegar ao Grove en coche, a autopista AP-9 enlazando coa autovía do Salnés ou a estrada que une Pontevedra con Sanxenxo PO-308. A autovía do noroeste que conecta Galicia con Madrid e a meseta é unha perfecta entrada para viaxar a O Grove chegando a Vigo e posteriormente collemos a autopista AP-9.

 

En autobús

A estación de autobuses está situada en Beiramar, a uns 100 m. da Casa do Concello. As principais conexións enlazan distintos puntos do municipio, Pontevedra ou Vigo mediante liñas regulares.

No verán hai liñas que conectan Pontevedra coas nosas maravillosas praias.

 

En avión

A mellor opción para visitar O Grove desde a península ou desde o extranxeiro pasa por chegar primeiro ao aeroporto de Santiago de Compostela (aeroporto de Lavacolla) ou ao aeroporto de Vigo (aeroporto de Peinador) para achegarse despois ao municipio por autoestrada, estrada ou incluso utilizando o tren ou o autobús.

 

En tren

No caso de empregar este medio de transporte, as estacións de Vilagarcía de Arousa e a de Pontevedra son as máis cercanas, tendo que optar despois por un último traxecto en coche ou autobús.

 

 

Fai a túa ruta para chegar ao Grove

 

situación 4
Webcam en directo
2009. Concello do Grove • Oficina de Turismo • Praza do Corgo • T. 986 73 14 15 • oftur@turismogrove.com contactoaviso legal Imaxina. Novas tecnoloxías